Faro de Illa Pancha

Ribadeo - Lugo

O Faro de Illa Pancha atópase na Illa Pancha, na parte máis occidental da Ría de Ribadeo. Foi empezado a construír en 1857.

Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Planeado como unha luz de terceira orde destinada a alumar a entrada ao porto de Ribadeo, este faro inaugurouse o 30 de Decembro de 1859. O proxecto do enxeñeiro Marcelo Sánchez Movellán ideou unha luz simétrica, coa torre encaixada no centro dun edificio cadrado para así protexela dos temporais. Como faro de illa, e a categoría da súa luz, debía estar atendido por dous torreiros; con todo, para economizar no servizo e suprimir un encargado decidiuse construír unha ponte de unión con terra.

 [Wikipedia]